Ir o contido principal

Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas para o ano 2019

europa

Obxecto e finalidade:

Inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, a través dos seguintes programas (compatibles):

  • Bono de contratación, subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas con persoas desempregadas menores de 30 anos a tempo completo.
  • Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por esta orde, para mellorar os coñecementos e habilidades relacionados co posto  de traballo.

Ámbito temporal

Contratacións realizadas entre o 01.10.2018 e o 30.09.2019.

Prazo de solicitudes

O prazo para as solicitudes polas contratacións realizadas entre o 01.10.2018 e o 09.04.2019 será ata o 09.06.2019. As contratacións realizadas a partir do 10.04.2019, será ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal subvencionada (prazo máximo 30.09.2019), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concellaría de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfno. núm. 981 640 572.

Ligazóns: