Ir o contido principal

Protección Civil retirou en xuño 200 niños de avespas velutinas

No que vai de ano 2017, Protección Civil xa retirou preto de catrocentos niños de estes insectos. É o dobre que en 2016 cando, en doce meses, os operarios municipais retiraran 374 niños.

As colonias destes insectos invasores aparecen en case todas das parroquias do concellos. Localízanse frecuentemente en árbores de gran tamaño como os eucaliptos, alisos ou castiñeiros aínda que tamén poden colonizar cornisas ou galpóns. 

O protocolo de actuación dos mebros de Protección Civil actívase, normalmente, despois do aviso dun veciño. Unha vez recibido actúase sobre a incidencia nas horas cercanas á noite. Utilízanse uns traxes especiais e un camión grúa ademáis dun compoñente químico co que se rocía o niño. Esta actuación mata a gran parte das avespas. Os membros de Protección Civil queiman finalmente o niño para que non se reproduza o enxame. 

A vespa asiática é unha especie invasora que apareceu en Galicia en 2011 e se extendiu con gran rapidez. O insecto, de gran tamaño, ataca as colmenas das abellas autóctonas e causa alarma entre a poboación dos lugares onde se atopa.