Ir o contido principal

Proxecto didáctico Gulliver para os escolares

O proxecto Gulliver é unha aventura musical baseada nas obras de Jonathan Swifh e Bert Appermont na que participan a Escola Municipal de Música de Arteixo a través da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa e en colaboración coa Banda de Música Santiago de Arteixo.

O obxectivo xeral que se persegue é achegar a música ao alumnado analizando os distintos instrumentos musicais que se poden empregar nunha Banda.

A dramatización e musicalización do conto presentouse ao alumnado da Escola Municipal de Música o día 21 de marzo no Centro Cívico de Arteixo.

Gulliver_01

 

Gulliver_02