Ir o contido principal

Reforzo escolar para os alumnos da ESO

Cubrir o ámbito do reforzo escolar a través da transversalidade nos contidos e dende un enfoque dinámico é o obxectivo deste programa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto para reforzar a aprendizaxe do alumnado de 1º e 2º da ESO que chegan ó mesmo derivados polos propios centros educativos.

O obxectivo prioritario é motivar ao alumnado mediante actividades diferentes que favorezan e modifiquen a actitude de cara á aprendizaxe.

A actividade desenvolverase mediante obradoiros específicos de técnicas de estudo, habilidades sociais e organización cos que se pretende axudar de forma directa a mellorar os resultados e logros de cada un dos participantes.

O programa, que se desenvolverá tres horas diarias de luns a venres, conta con actividades transversais que permitan mellorar a adquisición dos contidos educativos nos distintos niveis e facetas da vida diaria.

Se queres máis información podes poñerte en contacto coa Concellaría de Relacións Coa Comunidade Educativa no teléfono 981647294