Requerimentos para completar os expedientes de solicitude de axudas de transporte para estudiantes
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación procede á publicación da listaxe de requerimentos de documentación para completar os expedientes de solicitude de axudas ao estudo – Liña 3 (Axudas á mobilidade para estudantes).
O prazo para achegar a documentación requerida é de dez días naturais contados dende o día seguinte da publicación na web. En aplicación do artigo 68.1 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, terase por desistido da súa petición.
OBSERVACIÓNS
Modo de consulta de datos:
Establécese pola AEPD que para garantir a protección fronte á divulgación dos documentos identificativos, recoméndase que a publicación dos datos persoais se realice da seguinte forma:
- No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
- No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*).