Ir o contido principal

Resultado sorteo prazas Escolas Deportivas Municipais 19/20

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais do curso 2019/2020, como resultado do sorteo público celebrado o 23 de agosto ás 11.00 h no Concello, no que a letra resultante de dito sorteo foi a "P".


As persoas admitidas terán do 2 ao 13 de setembro para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online), unha vez se dispoña do recibo correspondente.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.