Ir o contido principal

Sabón foi o areal con máis visitantes do verán

As praias de Arteixo pechan a campaña estival con preto de 180.000 visitantes. É o balance do período dende mediados do mes de xuño e ata o 16 de setembro. 

Sabón foi,un ano máis, a praia máis visitada con preto de 87.000 bañistas, seguida de Barrañán con 39.000 e Valcobo a onde se achegaron 21.000 persoas. 

Os equipos de socorrismo, formado por 45 membros entre socorristas acuáticos, técnicos de primeiros auxilios e tripulantes de embarcación de rescate traballaron dende mediados do pasado mes de xuño e tiveron que actuar en 291 ocasións. Só en 19 delas tratouse de rescates no mar. O resto foron as habituais feridas e golpes (69); picaduras de peixe (94); e picaduras de insectos (26).