Sendeirismo en Sisalde
Percorrer Sisalde a pé é unha experiencia que ninguén debería deixar de facer cando menos unha vez ó ano. O departamento de Promoción económica organiza para o próximo 10 de agosto unha ruta de sendeirismo polo entorno natural mellor conservado do municipio.
A experiencia, para a que se hai que apuntar no teléfono 981659176 permitirá ós camiñantes coñecer lugares como Os Barreiros, A Ibia ou A Groba. Todos eles na contorna de Sisale e os seus muiños e regatos.
A saída está programada para as 10 da mañá dende a oficina de turismo e o regreso será ás dúas da tarde.
