Ir o contido principal

Servizos Soicias leva a festa do Magosto ás parroquias

O Departamento de Servizos Sociais extende a celebración do Magosto, a festa máis recoñecible do outono ós distintos centros sociais do municipio.

O magosto é unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e tamén supón unha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego. 

A primeira cita será o luns 27 de novembro ás 18 h no Centro Social de Meicende. A festa se extenderá posteriormente, o día 28 ás 16h no centro social de Froxel; o 29 no centro de A Baiuca ás 17h e por último o 30 de novembro, ás 16h no Centro Multiusos de Pastoriza. 

Magosto