Ir o contido principal

Setembro trae de volta un Outono Cultural con aforo reducido

Son catorce actuacións e tres exposicións. O Outono Cultural volve , como cada ano, para encher de arte os meses de setembro a novembro. 

A Concellería de Cultural, coa axuda da Rede Cultural da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC da Xunta de Galicia, logra sacar adiante unha programación para todos os gustos nun tempo de pandemia no que a crise do sector cultural alcanza cotas nunca vividas ata o de agora. 

O Outono cultural é un dos programas que conta con máis seguidores en Arteixo no só pola oportunidade que se lles brinda de poder gozar de distintas linguaxes escénicas senón porque poden facelo de man de compañías e grupos fortemente consagrados no panorama artístico galego. Danza, Maxia, Teatro e ata un Musical son algunhas das disciplinas que se desenvolverán durante os meses de outubro, novembro e decembro no Centro Cívico Cultural de Arteixo, principalmente.

A programación arranca este venres 25 de setembro ás 20:30 h con "Médula", unha  peza de danza contemporánea a cargo da compañía coruñesa Exire. 

O espectáculo será con entrada (4 e 3 €) que se poderá adquirir o proio día 25 de setembro de 11:30-13:30 h e 2 h na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala, que a día de hoxe, polas medidas restrictivas aplicadas en Arteixo por mor da evolución da pandemia do COVID-19, son 60 butacas. Esta cifra poderá variar en función do que dictaminen ao respecto as autoridades sanitarias.