Sisalde prepárase para unha nova edición do seu Festival Folk
Agárdase a chegada de 4000 persoas. Familias e amantes do folk que reviven nunha xornada as tradicionais romarías nas que se comparten viandas, vivenzas e música. E todo, nun marco único como a fraga de Sisalde.
Será o 7 de setembro e comezará ás 11 da mañá. Hai aparcamentos a pé de praia e Protección Civil encargarase de sinalizar as vías de saída e entranda, ambas de dirección única.
A presentación é da Concelleira de Promoción Económica Patricia Amado.

