Ir o contido principal

Sorteo de prazas para as escolas deportivas municipais

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais do curso 2018/2019, como resultado do sorteo público celebrado o 24 de agosto ás 11.00 h no Concello, no que a letra resultante de dito sorteo foi a "R".


As persoas admitidas terán do 28 de agosto ao 14 de setembro para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal , unha vez se dispoña do recibo correspondente.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.

 

EDM