Ir o contido principal

Subscrición de texto inicial de Convenio Urbanístico (Fonte do Abade)

Mediante Resolución da Alcaldía nº 1953/2018 de data 18/07/2018 aprobouse a subscrición do texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento a celebrar entre este Concello e a entidade Santiago Fuentes, S.L. para a obtención de terreos vinculada coa actuación “Proxecto de obras ordinarias de urbanización para a mellora e adecuación da Fonte do Abade e o seu entorno” (expediente 5/2018.OOU), sendo subscrito inicialmente o mesmo en data 18/07/2018.

O que se publica aos efectos establecidos polo artigo 401.2 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Fonte do Abade

 

Arteixo, 05 de setembro de 2018

P.D. O Concelleiro do Departamento de

Urbanismo e Medio Ambiente

(Decreto nº 1336 de data 06/07/2015)

 

Asdo.: Luís Alberto Castro Calvete