Ir o contido principal

Subvención cheque autónomo"seguimos adiante"

Obxecto:

Concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e sociedades que cumpran os requisitos do art. 7, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

Actuacións subvencionables:

Gastos realizados entre o 15 de marzo e o 20 de decembro de 2020 de:

1.- Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais.

2.- Outros gastos de actividade: pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local, pagamento por licenza de uso de software de venta en liña, gastos de publicidade en redes sociais, gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 (máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais...) e gastos de subministracións e de telecomunicacións.

Prazo de solicitudes:

Dende o 07.07.2020 ao 06.08.2020, por vía electrónica a través do enderezo https://sede.xunta.gal. 


 

Enlace DOGA