Ir o contido principal

Subvención para o emprego autónomo e contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil

Orde do 18.07.2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a  concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego  autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (DOG núm. 148 de 04.08.2017).

Obxecto
Incentivar o emprego  autónomo e a contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante os seguintes programas:

  • Programa I. Promoción do emprego autónomo das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de  garantía xuvenil (TR341J), altas no RETA entre o 01.10.2016 e o 30.09.2017.
  • Programa II. Fomento da contratación por conta allea, realizadas entre o 01.10.2016 e o 30.09.2017:
    • Contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (TR349I).
    • Contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido (TR349L).

 

Prazo de solicitudes

Dende o 05.08.2017 ao 30.09.2017, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Máis información en:


CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Ligazóns: