Subvencións para promover o autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes
Resolución do 24 de marzo do 2018 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº66, de 5 de abril de 2018.
Obxecto:
A finalidade deste programa é promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus familiares (cónxuxe e fillos).
Gastos subvencionables:
Gastos de establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Prazo:
O prazo de solicitude das subvencións será do 6 de abril de 2018 ao día 28 de setembro de 2018.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572