Ir o contido principal

Taller de atención directa a persoas con dependencia

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, (ISSGA) desenvolve un TALLER GRATUÍTO no Concello de Arteixo, para PERSOAL TRABALLADOR DE ATENCIÓN DIRECTA A PERSOAS CON DEPENDENCIA

Duración (en horas): 16 horas repartidas en 4 xornadas

Prazas: 15

Lugar de celebración: Concello de Arteixo- Centro de Maiores A Baiuca

Datas: Do 18 ao 21 de Novembro

Horario: 16:30 a 20:30h

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (Ficha de inscrición editable).

PRAZO DE SOLICITUDE: O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

 

Máis información no teléfono 981392209 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal