Ir o contido principal

Teatro do Noroeste amosa os seus trinta anos de vida nunha exposición

O centro cívico de Arteixo acolle unha exposición de fotografía e carteis de Teatro do Noroeste con motivo do seu 30 aniversario.

A mostra, que pode visitarse ata o 15 de decembro próximo, é un repaso, mediante fotografías e cartaces, deseños orixinais, vestiario e atrezzo, ou contido visual;  ó pasado e presente do teatro galego a través da vida desta compañía, unha das máis veteranas da comunidade. 

A exposición estará aberta de luns a venres en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. O sábado só pode visitarse de 10.30 a 14.00 horas. 

Teatro do Noroeste