Ir o contido principal

Teatro do Noroeste celebra o seu 30 aniversario en Arteixo

Teatro do Noroeste cumple 30 anos e, con tal motivo, conta en xira con varios espectáculos moi coidados.

Un deles é “Estado de graza" co que visitará Arteixo grazas a unha colaboración coa Deputación da Coruña. Trátase dun drama conmovedor ambientado nos anos 70 escrito e dirixido por Eduardo Alonso e protagonizado por Luma Gómez, Inma Antonio, Manuela Varela e Nini True.

A obra narra a difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo – franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

Será ás 20:45 h no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Con invitación.