Ir o contido principal

Todas as xeracións contra a violencia machista

Máis de cincuenta mulleres foron vítimas da violencia machista no que vai de ano. Trinta casos foron atendidos polo CIM mentres que outros 24 foron directamente denuncias presentadas diante da Garda Civil. Si sumamos os casos que se arrastran de anos anteriores, o Centro de Información ás Mulleres xestiona actualmente 84 casos de violencia machista. 

Son datos, un ano máis, que o CIM ofrece nas datas previas á conmemoración, o 25 de novembro próximo, do día internacional contra a violencia de xénero. 

Inés Ramos, Concelleira de Servizos Sociais, presentou un amplo programa de actividades que comeza o martes 20 e se prolongará ata o sábado 24 de Novembro. 

Comezará coa elaboración de obradoiros que baixo o título "Non me contes contos" ofrecerá talleres no Centro de Información da Muller e no Centro Social de Meicende. O venres celebrarase no Centro Cívico de Arteixo unha xornada que reunirá as familias interesadas no centro cívico de Arteixo (17.00-20.00) coa actuación do grupo musical Cosmos 21 e a lectura do Manifesto da muller, adolescente e nena. O sábado celebrarase a Andaina contra a violencia de Xénero con saída do Anfiteatro de Arteixo as dez da mañá. O sábado celebrarase o Rally Solidario Arteixo contra a violencia de xénero, que se iniciará as 16.30 da praza do Balneario.

O concello de Arteixo ofrece tamén durante todo o ano talleres educativos destinados a prevenir a violencia de xénero entre todos os escolares do municipio, que suman 3.901 se se suman todos os niveis: desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional. Os talleres son diferentes segundo a idade dos escolares dos centros onde se impartan. Así, os nenos máis pequenos reciben a información en forma de contacontos mentres que a medida que aumente a idade dos receptores utilizaranse outro tipo de continentes de cara a sensibilizar os escolares para que poidan identificar as situacións que dentro das relacións de parella poden desembocar en situacións de violencia. Os talleres estarán superrvisados e organizados polo Centro de Información da Muller do concello de Arteixo, que está aberto permanentemente para atender as víctimas da violencia de xénero e, paralelamente, organiza actividades de cara a sensibilizar a población sobre esta lacra.

25N

 

Documentos: