Ir o contido principal

Torneo de fútbol de veteráns

Esta semana celébrase unha nova edición do Torneo de Fútbol de Veteráns Concello de Arteixo, no que compiten os 7 equipos de veteráns do concello ( Oseiro, Penouqueira, SCD Pastoriza, Pastoriza, Larín, Sp Meicende e Sp Uxes) máis un equipo convidado, o Victoria.

Esta competición dispútase durante 3 días, o mércores 28 e xoves 29 de agosto, no que terán lugar as eliminatorias previas, nas que se xogan encontros de 45 minutos, e o sábado 31, no que se xoga a fase final con encontros de 90 minutos. Todos os encontros se celebran nos campos de fútbol de Meicende, durante a semana en horario de 20.30h a 22.30h, e o sábado, o terceiro e carto posto y a gran final, de 17.00h a 21.00h. Ao finalizar o torneo terá lugar a entrega de trofeos ás 21.00h.

campo_de_futbol