Ir o contido principal

A "Transmutación" de Ana Novo Fuenteseca na sala de mostras do Centro Cívico

Ana Novo Fuenteseca, con formación como arquitecta, é a protagonista dunha nova exposición que poderá visitarse na sala de mostras do Centro Cívico de Arteixo entre o 1 e o 29 de setembor próximos.

A autora, da que poderemos ver máis de 30 novas obras, e ten cursado parcialmente o grao de Belas Artes e comezou a súa formación no taller do artista plástico Gustavo Vázquez King.  O resto da súa formación sempre estivo orientada no campo da arte, aínda que tamén da técnica.

Actualmente compaxina o seu traballo na área de arquitectura coa súa paixón pola arte en xeral. Ultimamente incursionouse na decoración de vaixelas con esmaltes de terceiro fogo e descubriu unha forma de expresión plástica, coa exquisitez das vaixelas de porcelana.

A exposición recolle traballos, a maioría acrílicos e ceras sobre táboa,  cheos de cor nos que predominan os azuis en todas as súas tonalidades. Son obras cun aire expresionista de mínimos e máximos.

Tamén expón algunhas das vaixelas de porcelana, con esmaltes de terceiro fogo e con decoracións experimentais que pretende que saian do clásico e cotiá. Tamén se amosan pezas de cerámica, principalmente cabezas e “formas suxerintes”, rematadas con engobes e esgrafiados, algunhas vernizadas e outras esmaltadas. 

Exposición