Ir o contido principal

"A túa mascota é a túa responsabilidade"

Un stand informativo percorrerá, entre o 8 e o 15 de maio, distintas localidades do municipio co obxectivo de sensibilizar aos propietarios sobre os dereitos e deberes que teñen coa súa mascota, e coa cidadanía. O 12 de maio terá lugar a I Xornada sobre Benestar de Animais de Compañía e Convivencia Cidadá.

O luns 8 de maio o stand estará colocado na Praza das Viñas; o 9 de maio estará en Vilarrodís, a carón do Centro Médico; o 11 e 12 de maio poderá atoparse no Paseo Marítimo, no aparcamento da praia de Sabón. O sábado 13, poderá visitarse no Feirón de Arteixo, na Praza do Balneario, en horario de 10.00 a 13.00 h. O luns 15 de maio, o stand ubicarase no entorno do encoro de Meicende.

I Xornada sobre Benestar de Animais de Compañía e Convivencia Cidadá terá lugar o venres 12 de maio, a partires das 17.30 h, no Auditorio do Centro Arteixo Innovación.

Trátase dunha xornada de formación para particulares, onde diferentes profesionais de distintos sectores relacionados cos animais de compañía impartirán unhas charlas sobre o benestar das mascotass, puntos básicos e importantes de lexislación, e sobre os principais problemas de conducta das especies caninas, xeneralmente asociados a accións incorrectas dos propietarios.

A participación nesta xornada é gratuíta, e limitada ao aforo da sala.

Cartel