Ir o contido principal

Turno para alevíns e benxamíns no Torneo de Fútbol do Atlético Arteixo

A axenda deportiva da fin de semana contempla dúas citas importantes que congregarán no noso concello a máis de 500 deportistas de distintas idades e ás súas familias.

Os Torneos de Fútbol-8 que organiza o Club Atlético Arteixo para as categorías inferiores continúan esta fin de semana.

O sábado 3 de xuño é o Torneo de Benxamíns, que reunirá a 20 equipos da comarca, que desde as 10.00h xogarán as fases previas para intentar chegar á final, que será ás 17.15h

O domingo 4 de xuño celébrase o Torneo de Alevíns, dando comezo a competición ás 11.30h, e sendo a final ás 17.45h

Será nos campos de fútbol situados na Avda Arsenio Iglesias.

Tamén o sábado a piscina municipal congregará a uns 200 nadadores de categorías inferiores de varios clubs da comarca. Trátase do XVIII Encontro de Natación que organiza o Club Natación Arteixo e que comezará ás 17.30h.