Ir o contido principal

Un espazo para falar da educación dos fillos

A Concellería de Educación mantén o seu compromiso de poñer en marcha unha escola de nais e pais coa finalidade de proporcionar apoio e orientación ás familias na educación dos nosos fillos e fillas.

Preténdese con esta iniciativa crear un lugar de encontro onde poñer en común diferentes puntos de vista sobre temas de interese educativo así como procurar información e formación aos pais en todo o que atinxe ao sistema ó entorno dos seus fillos. Tamén se pretende servir de canle para a formación e reflexión sobre temas ou cuestións que lles afectan directamente, ben sexa na súa relación coa escola, coa familia ou cos seus iguais e co contorno.

O obradoiro de nais e pais é unha actividade gratuíta para nais e pais con rapazada  de 0 a 3 anos e se desenvolverá os mércores de marzo a xuño, na Aula da Natureza entre as 17:30 e as 18:30h.

Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados poden apuntarse do 21 ó 28 de febreiro na Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa, na Avenida Dos Bosques nº 16,  baixo ou obter máis información a través do teléfono  981647294  ou do correo electrónico educacion@arteixo.org

Documentos: