Ir o contido principal

Un nadal cheo de deporte

Campus Deportivo de Nadal (Piscina Municipal)

Terá lugar desde o 23 de decembro hasta o 7 de xaneiro, en horario de 10.00h a 14.00, no que haberá diversas actividades deportivas e lúdicas para os máis pequenos

Campus Fran-Concello de Arteixo

O Club Atlético Arteixo organiza este campus deportivo de fútbol, dirixido aos máis pequenos. Será no campo de fútbol de Arteixo, os días 23, 24, 26, 27 e 30 de decembro en horario de 9.00h a 14.00h

II Campus de fútbol de Nadal Mixto Escolas SCD Pastoriza

Organizado pola SCD Pastoriza os días 23, 24, 26 e 27 de decembro no campo de futbol de Meicende, en horario de 10.00 a 13.30h. Haberá xogos deportivos, sesións técnicas, exercicios específicos e minitorneos entro outras actividades.

Gala solidaria " Nada polos demais"

Beone Arteixo, o club de natación Arteixo, e o club salv-ar organizan esta actividade solidaria o sábado 21 de decembro na piscina municipal, en hoario de 16.30h a 20.30. Pode participar todo aquel que queira para o que terá que aportar alimentos imperecederos ou algún xoguete, para despois nadar e realizar unha serie de metros solidarios. Haberá agasallos e sorteos

IX Torneo de Fútbol de Cadetes Concello de Arteixo

O Club Atlético Arteixo organiza o sábado 28 de decembro este torneo de categoría cadete onde participarán diferentes equipos da nosa contorna. Será nos campos de herba artificial e natural, en horario de 9.30 a 20.00h

Gala de Nadal de Ximnasia Rítmica

O sábado 21 de decembro, terá lugar no pazo dos deportes esta gala de ximnasia rítmica que organiza o Club Ximnasia Arteixo. Será en horario de 11.00 a 13.00 e contará coa participación duns 90 deportistas

Gala de Patinaxe de Nadal ( Club Deportivo fervello)

O domingo 29 de decembro o Club deportivo Fervello organiza unha gala solidaria de patinaxe, na que participarán uns 90 deportistas, tanto do club organizador coma outros invitados. Será no Pazo dos Deportes en horario de 10.30h a 13.30h

Campus de Nadal Patinaxe Fervello

O Club deportivo fervello organiza o seu campus de nadal os días 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, no pavillón de Meicende en horario de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h