Ir o contido principal

Un nadal musical e ecolóxico

Plastilina, marionetas e ata o típico calcetín de Papá Noel. Os escolares de Arteixo teñen unha cita co Nadal na aula da natureza e en Agarimo entre o 26 decembro e o 7 de xaneiro. O VI Campamento de Nadal "O Noso conto de Nadal" pretende achegar aos nenos as características e peculiaridades destas datas así como ofrecerlles un espazo de expresión e creación. 

A Concellería de relacións coa comunidade educativa propón, como cada ano, unha alternativa de ocio para os máis pequenos á vez que axuda ós proxenitores a conciliar as vacacións dos nenos coa súa vida laboral. 

Neste campamento poderá participar, ata un máximo de 30 prazas, a rapazada de Educación Infantil e Primaria pertencente a familias empadroadas. Costa 28 euros. 

O laboratorio musical, que tamén regresa, alcanza este ano a súa sexta edición e ten, entre os seus obxectivos, axudar aos participantes a explorar as diferentes músicas do mundo. 

Será tamén entre o 26 de decembro e o 7 de xaneiro e dispón dun máximo de 30 prazas. O seu custe é  tamén de 28 euros.