Ir o contido principal

Un novo laboratorio musical e o mar centran a oferta dos campamentos educativo do Nadal

A música e o mar, e unha nova edición do Laboratorio Musical,  centran parte da temática da oferta de campamentos de Nadal da Concellería de educación. 

Trátase de actividades para a rapazada de Infantil e Primaria empadroada no Concello. Hai límite de prazas e o prazo para formalizar a preinscrición será entre o 1 e o 10 de decembro.

Os campamentos, hai dúas opcións, serán os días 23, 28, 29, 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro entre as 10 e as 14 h. En todos os casos ofértase tamén transporte. 

A execución do campamento e dos servizos asociados estará supeditado ás normativas derivadas do COVID 19 e directrices de
seguridade e valorarase individualmente a posiblidade de participación,especialmente no caso de persoas que pertenzan a grupos de risco ou que convivan con grupos de risco.

Todos os participantes, antes de formalizar a praza, deberán de forma obrigatoria, presentar un impreso de declaración responsable donde garantan que durante os 14 días previos á entrada no campamento a persoa participante non ten sufrido tos, fiebre, cansancio, malestar xeral e que non ten estado en contacto con persoa con dita sintomatoloxía.