Ir o contido principal

Un San Miguel para as familias

Pasarrúas, música, artesáns e un xantar popular adornan boa parte dos festexos que a Concellería de Promoción económica e desenvolvemento prepara con motivo do San Miguel que achegará a Pastoriza, o 30 de setembro próximo, a miles de romeiros e visitantes. 

A festa, a partir das doce do mediodía, volve coa intención de se converter nun punto de reunión e convivencia para familias e veciños. 

O zoqueiro Alberto Geada, un lugués de Alfoz que traerá á feira da madeira ferramenta primitiva dos zoqueiros e fará a demostración de como traballaban antes os zoqueiros. A olaría de Gundivós (Ribeira Sacra) tamén estará representada por Otilia Arias con exposicións e obradoiros de arxila. Tamén farán demostracións as redeiras de Corme, concretamente a asociación A Illa da estrela con exposicións e obradoiros. Tamén haberá unha mostra dos barcos tradicionais de carpintería de Ribeira: os Patexeiros;  que ofrecerán unha exposición e demostracións de traballos de carpintería. Outro dos artensans estara centrado na cestaría coa asociación Amalgama de Lugo; que fará demostracións.

O programa contempla dous concertos a cargo de "Dequenvensendo" a partir das 17 h e un segundo de "Brath" ás 18 h. Patricia Amado, concelleira de promoción económica presentou esta xornada. acompañada do alcalde Carlos Calvelo. 

 

Romaría San Miguel