Ir o contido principal

Un "sendeiro primaveral", de Andrea Alvedro, gaña a XV edición do Certame de Fotografía Ambiental

O xurado, que avaliou traballos adicados este ano ós recursos turísticos medioambientais do Concello, tamén premiou a Manuel Alvedro Silveira como mellor fotógrafo local pola instantánea "A Cova". 

O Certame de fotografía Ambiental nace no ano 2003 coa intención, entre outros obxectivos, de promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente. Este certame ofértase a toda a poboación, particularizando naquelas persoas que teñen un grado de sensibilidade medio ou alto polo ambiente, ben porque lles gusta o estudio ou a difusión do seus valores estéticos, paisaxísticos, educativos, científicos, etc. ou ben por que teñen unha preocupación polos problemas antrópicos ocasionados nel e que fan insostible a nosa forma de desenvolvemento que temos adoptada desde fai varias décadas.