Ir o contido principal

Un Sherlock Holmes "máxico" na cita cultural da fin de semana

Sherlock Holmes tenta resolver o emocionante caso dass xoias da Mansión dos Patterson. Sospéitase de todo o personal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

Ese é o argumento do espectáculo que o vindeiro venres 23 de febreiro ás 20:45 h, pon en escena Cayetano Lledó, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Dende a fundación da súa compañía de teatro máxico no 2007, ten percorrido máis de 150 concellos galegos. Ó longo deste tempo, trazou unha amplia traxectoria como actor e axudante de produción de eventos relacionados coa maxia, como os festivais de Compostela máxica, Maxia Marín, Nadal máxico ou o Congreso máxico nacional da Coruña. Fóra do ámbito galego ten actuado en cidades como Granada e Cáceres e falando do internacional, en países coma Francia, Portugal, Irlanda ou Italia.

A obra é para todos os públicos, e a entrada costa 3 € para todo o público e 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.