Ir o contido principal

Un Titán no espazo xuvenil de Arteixo

Entre dous e cinco xogadores. Deben colaborar para salvar o futuro da humanidade. Cada un deles é un heroe. Cada un ten unha habilidade especial que lles axudará no seu obxectivo común: derrotar ao Titán. 

Non é unha película. É o argumento resumido do xogo Attack on Titan que causa furor entre os amantes do rol. 

O espazo xuvenil de Arteixo acolle mañá sábado unha actividade entorno a este xogo. É gratis para xente de 12 a 25 anos. Será de 18 a 20 h. 

 

attack