Ir o contido principal

Unha avaría en Sabón obriga a un corte de auga no núcleo de Arteixo

O Servizo Municipal de augas cortará o suministro no núcleo de Arteixo a partir das 0.00 h deste venres para acometer a reparación dunha avaría localizada no entorno da rotonda de Sabón. 

O corte será efectivo dende as doce desta noite e o servizo se resatablecerá, salvo imprevistos, cara ás seis da mañá. 

O servizo de augas advirte de que, unha vez restablecido o servizo, podería haber episodios de falta de presión ao longo da xornada do venres.