Ir o contido principal

Unha mirada ao pasado coa Hispanic Society of America

A Hispanic Society of America, que foi Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2017, chega a Arteixo para amosar un proxecto fotográfico enmarcado no programa Corrente Cultural. Unha iniciativa que poñen en marcha Afundación e ABANCA para difundir, en colaboración coas administracións locais, a cultura por todas as comarcas galegas.

Miradas de Antano é a exposición que o xoves 14 de decembro se inaugura en Arteixo. Trátase dunha mostra que recolle unha esmerada selección de imaxes da fotógrafa neoiorquina Ruth Matilda Anderson e que desde a Hispanic Society of America achégannos as valiosas fotografías que recollen un anaco de historia da Galicia pretérita. Os anos 20 locen nesta colección de gran valor etnográfico.

Ademais os visitantes poderán gozar da exposición minuciosamente en casa co catálogo, recoñecido co Premio Paraugas a Mellor Libro de Arte polo Clúster da Comunicación Gráfica. Conta cunha explicación detallada de cada fotografía e achéganos á peculiar figura de Ruth Matilda Anderson.

En agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Neste preciso momento comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada.

Anderson