Ir o contido principal

Visita á sede de Inditex

A Concellería de Maiores, centros e actividades, organiza unha visita ás instalacións de INDITEX, o próximo 7 de agosto. 

Trátase dunha actividade gratuita dirixida a maiores de 55 anos. 

O prazo para apuntarse é do 10 ó 14 de xullo e hai que formalizar a inscrición no Centro de Maiores de Baiuca ou no teléfono 981.659094

As prazas son limitadas polo que, si hai máis apuntamentos se realizará un sorteo público o martes 18 de xullo ás 9'30 h no Salón de plenos da Casa Consistorial. 

A visita,o 7 de agosto, ten programada a saída ás 09'45 h diante da oficina de turismo municipal.