Ir o contido principal

Xa se pode reservar praza para renovar o DNI en Arteixo

Un equipo da Policía Nacional tramitará en Arteixo as renovacións e tramitacións do DNI os próximos 16 e 17 de xaneiro. Será na casa consistorial en horario de 9 a 12.30 h e para acodir será imprescindible reservar praza. Haberá 50 cada día. 

As reservas xa se poden facer chamando ao 981.600009. 

Para as renovacións o único requisito será levar o DNI caducado, unha foto, o volante do padrón se hai cambio de domicilio e abonar a taxa de 12 euros. 

Para os novos documentos hai que levar unha fotografía de carné, o certificado de nacemento que se solicita no xulgado, o padrón e abonar tamén a taxa de 12 euros.