Ir o contido principal

Ximnasia para a mente

A estimulación cognitiva é a realización de actividades programadas para adestrar unha ou varias áreas do cerebro. Pode realizarse con métodos tradicionais como con lápiz e papel; en dinámicas de grupo ou con axuda da tecnoloxía. 

A área de benestar comunitario do Concello de Arteixo pon a disposición dos interesados tres talleres para axudar a quen o precise a desenvolver traballos de estimulación que lles axuden no seu día a día. Costan cinco euros. 

Será no centro de maiores de Baiuca, en Froxel e en Meicende. Ofértanse 15 prazas para cada centro e, no caso de superarse , haberá un sorteo público entre os inscritos. 

As inscricións débense formalizar no centro de A Baiuca entre o 22 e o 26 de outubro. 

estimulación cognitiva