Ir o contido principal

A Xunta levanta parte das restriccións en Arteixo

A Xunta de Galicia tomou hoxe a decisión de levantar parte das restriccións impostas os bares e cafeterías de Arteixo, que a partir de mañá poderán volver a dar servicio no interior dos locales cun máximo de aforo do 50% e sen poder utilizar o servicio de barra. Ata hoxe e desde o pasado 29 de agosto, os bares e cafeterías so podían dar servicio na terraza.

Non así os restaurantes que si que podían servir no interior. A Xunta publicará no Diario Oficial de Galicia o documento completo coas medidas, que incluirán tamén un aumento do número de persoas que poden reunirse -pasarán de cinco a dez persoas-, e un aumento das limitacións de aforo en distintos tipos de eventos como bodas ou bautizos.

O concello de Arteixo tamén quere recordar a todos os seus veciños que é imprescindible seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a transmisión do coronavirus:

Levar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en tódalas circunstancias.

Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.

Manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable, tirándoo despois a unha papeleira.

Si presenta síntomas (febre, tose, dor de cabeza, perda de olfacto e gusto, diarrea,etc.) quedar na casa e contactar telefonicamente co seu/súa medico de Atención Primaria.