Ir o contido principal

Xuventude lévate a facer rafting ao río Ulla

O Servizo Municipal de Xuventude organiza unha actividade de ocio e aventura, " RAFTING POLO RÍO ULLA " dirixida á mocidade de entre os 12 e os 30 anos con preferencia para as persoas empadroadas en Arteixo.

  • Organiza: Departamento de Xuventude
  • Datas de celebración: 22 de maio
  • Horario: saída ás 8:30 da Oficina de Turismo de Arteixo, regreso aproximado ás 15:30 h.
  • Prezo: 25 €( maiores de idade ), 12, 50 € ( menores de idade ) Inclúe transorte, monitorado, seguro da actividade e pic-nic.
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Departamento de Xuventude ( sito nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes )con cita previa.  981659180
    • A través do correo electrónico xuventude@arteixo.org
    • A través do formulario https://forms.gle/VkvR1zer4UAybV887
    • Organiza: Departamento de Xuventude

 

Procedemento de inscrición: inscrición directa do 7 ao 14 de maio.. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Departamento de xuventude  ( Oficinas de Deportes ) con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes  ( Departamento de xuventude  ) con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección xuventude@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Departamento de Xuventude  detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.

Documentos: