Ir o contido principal

Xuventude propón vivir "un verán diferente"

Rutas a cabalo, viaxe ás illas cíes, curso de fotografía ou kayak polas Fragas do Mandeo son só algunhas das actividades que o Departamento Municipal de Xuventude propón aos más novos do municipio para os meses de xullo, agosto e setembro. 

Para participar, entre os 12 e os 30 anos,  hai que se inscribir en cada unha das iniciativas entre o 17 e o 25 de xuño e deben de se formalizar na Travesía de Arteixo, 247-2º ou no teléfono 981.659.180. Tamén pódese enviar un e-mail a participacion.cidada@arteixo.org

O custo das actividades oscila entre os 5 e os 25 euros. 

001

 

002

 

Documentos: