O vindeiro venres día 5 finaliza o prazo para solicitar as axudas do Concello de Arteixo os autónomos/as e microempresas afectados polo peche da hostalaría

Desde o ano 1988, o Concello de Arteixo colabora co Servizo Público de Emprego de Galicia e coa Consellaría de Traballo e Benestar impartindo formación dirixida prioritariamente a demandantes de emprego a través dos cursos AFD. Ademais de este tipo de accións, o departamento de Formación e Emprego pon en marcha anualmente un Plan de Formación Municipal dirixido tamén a persoas desempregadas, onde se teñen en conta as demandas do mercado laboral a hora de elixir as especialidades formativas.
Este punto de información permite renovar a demanda do SPEG mediante a pegada dixital, así coma acceder ao portal de emprego ( http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/ ) do Servizo Público , consultar as ofertas de emprego en difusión , cursos de formación e as páxinas web de diferentes servizos públicos de emprego, autonómicos e estatais.
As persoas usuarias que desexen realizar a renovación da demanda a través deste sistema, deberán acudir á súa oficina de emprego para darse de alta a través do rexistro da pegada dixital. Unha vez realizado dito rexistro poderán proceder á renovación da demanda nas datas sinaladas en calquera dos puntos de información distribuídos en toda a Comunidade Autónoma.
Achégase díptico infomrativo, bases reguladoras, convocatoria, modelo de solicitude e modelo de designación de conta bancaria