Ir o contido principal

Río Sisalde

Rio Sisalde

 

A senda que aquí se presenta, discorre polas parroquias arteixás de Barrañán, Chamín, Armentón, Monteagudo e Larín. O Roteiro toma como centro de referencia o río de Sisalde, circulando pola mesma ribeira en numerosas ocasións.

Partindo do areal de Barrañán, e tomando o senso antihorario, a senda pasa polos Boedos de Sisalde, Monte de cartas, Margarida, A Telleira, Os Batáns, Igresario de Monteagudo, Os Barreiros, A Ibia e por último A Groba, extremo oposto e punto máis alto do Roteiro.

Como elementos representativos e singulares, cómpre destacar  o propio rego de Sisalde e os seus afluentes, as dunas de Barrañán, a Fraga de Sisalde, os numerosos muíños e o Igresario de Monteagudo do século XII.

A lonxitude total da senda é de 18 quilómetros pero existe a posibilidade de facer itinerarios máis curtos.

 Percorrido: 18 km

 Duración: 6 horas

 Dificultade: baixa

 Tipo de trazado: lineal e circular

 Concellos polos que pasa: Arteixo

 Punto inicio/fin: Praia de Barrañán

Ruta Rio Sisalde
  1.  Areal de Barrañán
  2.  Os Boedos
  3.  Fraga de Sisalde
  4.  Monte de Cartas
  5.  Camiño da Area
  6.  Muíño da Margarida
  7.  A Telleira
  8.  Os Batáns
  9.  Igrexario de Monteagudo
  10. Área Recreativa dos Barreiros
  11. Muíño da Ibia
  12. A Groba
  13. Autoestrada AG-55
  14. O Castro de Armentón
  15. Muíño dos Zapata
  16. Igrexario de Barrañán

Máis información aquí