No caso de Rañobre, lugar da parroquia arteixá de Oseiro, durante un feixe de anos o mar foi cousa daquelas posuidoras da fortaleza dos cons e cantís que os peores golpes de mar non son quen de erosionar.
Tras varios días de observacións, os técnicos elaborarían un informe no que lle comunican á compañía que o salvamento era imposible e posteriormente, tanto os 110 metros do Príncipe Bernardo como a gabarra Giant I, serían despezados pola Santa Cruz
Co decurso dos anos, eses restos serían devorados polo salitre e soterrados na area, aínda que coa forza dos temporais do inverno, de cando en vez quedan ao descuberto.