Skip to main content

Os nenos deseñan o Arteixo do futuro

O obxectivo da actividade, enmarcada no campamento que organiza a Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa, é incluir á infancia nos procesos de construcción do espazo común, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade desde a arte e a arquitectura, coa finalidade de provocar o despertar dunha nova mirada dos espazos nos que habitan.

Trátase de estimular unha actitude crítica entre os mais pequenos para que comece o seu desenvolvemento como unha cidadanía activa. 

Durante o obradoiro o espazo público trátase coma un espazo común de aprendizaxe e construcción colectiva das nenas e nenos, impulsando o seu dereito a formar un xuízo propio acerca do hábitat no que viven e a poder expresalo.

Por este motivo, proponse a transformación temporal de varios espazos públicos de Arteixo realizada por nenas e nenos, traballando desde a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo ou a  paisaxe.

Arteixo convertido nun campo de xogos no que os mais pequenos poden actuar desde un novo punto de vista. O paseo e a observación determinan a actividade e o movemento, ao mesmo tempo que os seus sentidos se activen. Promover o movemento é indispensable, xerar unha actividade constante, que poidan sentirse libres e independentes. Deste modo facilitase o desenvolvemento motor, sensorial, intelectual e emocional que poida preparalos para unha cidadanía activa. Búscase xerar un ambiente que estimule a curiosidade, o coñecemento e a independencia das nenas e nenos, intentanto que se produzan intercambios de ideas entre eles.

arquitectura