Skip to main content

Axudas á mobilidade para o curso 2018/2019

Dentro das axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos inclúense as a liña 3 (axudas á mobilidade)

Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes desta liña 3 sendo ao longo de mes de outubro (do 1 ao 31 de outubro).

Estas axudas destínanse a mellorar a mobilidade para estudantes de bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas musicais e estudios universitarios en centros públicos no territorio galego.

As persoas destinatarias son os estudantes de bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas musicais e estudios universitarios en centros públicos no territorio galego, empadroados no Concello de Arteixo. Non poderán solicitar ditas axudas estudantes que vivan a unha distancia menor ou igual a 2 km do centro de ensino ou do lugar donde realice as prácticas no caso da FP básica dual.

As axudas destinaranse a cobertura dos seguintes desprazamentos:

  1. Entre o domicilio e o centro de estudos
  2. Entre o domicilio e a empresa, institución ou entidade donde se realicen as prácticas (actividade laboral formativa) no caso de alumnado de FP básica dual.

As axudas concederanse para un dos conceptos, non sendo sumativas en ningún caso.

Os requisitos específicos para ser persoa beneficiaria desta liña de axudas son os seguintes:

  1. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos dos niveis definidos para esta liña de axudas.
  2. Non superar a renda per cápita máxima corresponde ó 100 % do IPREM vixente no momento da convocatoria das axudas (computándose 12 pagas)

As axudas ás que se poden obter son as seguintes estipuladas por distancias desde o punto de orixe (domicilio) e o destino (centro ou empresa):

tabla

No caso doutros destinos intermedios, para a concesión da axuda realizarase un cálculo estimativo dependente dos quilómetros entre o punto de orixe e o de destino tomando como referencia o máis próximo dos definidos na táboa.