Skip to main content

"Asubíos" para dinamizar o galego

FalaRedes 2018 é o programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia no que se inclúe o Concello de Arteixo e que pretende ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos da Rede, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo neste idioma.

Asubíos, da man de a compañía de teatro Elefante Elegante é a proposta que se achega a Arteixo o próximo 6 de outubro. Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no conto "Cada home é unha raza", do escritor mozambicano Mia Couto. Se no orixinal o tema fundamental é a discriminación racial, na adaptación de Elefante Elegante a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía coa natureza. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

Distribuiranse as entradas na Conserxaría do Centro Cívico, até completar a capacidade, durante a semana da actuación.

Para máis información pódese contactar chamando ao Departamento de Normalización Lingüística do Concello: 981 659 177.

asubíos