Skip to main content

O Concello saca a concurso público as prazas de oito condutores para o servizo de recollida

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe a convocatoria do concurso público para cubrir as prazas de oito condutores para o servizo municipal de recollida de residuos. 

O novo plan de recollida, totalmente municipal, comezou a se visualizar en agosto pasado coa instalación de novas isletas de contedores que favorecen a reciclaxe das cinco fraccións principais do lixo: restos orgánicos, vidro, papel e cartón; envases lixeiros e a denominada fracción "resto". 

O plan  terá un coste, para os próximos 8 anos de 10.150.000 euros e o seu coste previo estará no entorno dos dous millóns. 

Unha parte importante do plan, e incluida neses 10 millóns,  é a concienciación.

A reciclaxe e o abaratamento do recibo, que no primeiro ano podería pasar dos 126 euros anuais ós cen euros ou menos, son os principais obxectivos do novo sistema.