Skip to main content

A Xunta de Galicia aproba o plan especial que permitirá a construcción da piscina de Meicende e Pastoriza

A Xunta de Galicia ven de aprobar de forma definitiva o Plan Especial de Infraestructuras e dotacións que permitirá a construcción da nova piscina entre Meicende e Pastoriza. O documento xa recibiu o visto bo de Augas de Galicia, Industria e Patrimonio e, tras a aprobación definitiva da administración autonómica, poderá se elvar ó pleno municipal para finalizar, deste xeito, os trámites necesarios para a adquisición dos terreos e comezar a licitación da obra. 

As novas instalacións, que darán servizo a unha poboaciòn estimada de 8000 persoas,  estarán na zona verde próxima ó encoro de Meicende e pretende ofrecer ós veciños da zona un novo equipamento deportivo e de ocio. 

A piscina se elevará sobre una zona de 20.000 metros cadrados dos que 5.700 metros serán edificables; 3.600m2 serán para aparcamentos e 13.700m2 para zona verde. A actuación servirá ademáis para acometer un pequeno paseo fluvial que conectará, cunha senda peonil, as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova piscina. A instalación disporá de ximnasio e espacio para outras actividades deportivas. 

Piscina MeicendePiscina Meicende