Skip to main content

Os bebés volven ás bibliotecas

A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo volve a programar as demandadas sesións de contacontos para bebés. Trátase dunha actividade que pretende estimular os sentidos dos máis pequenos a través da lectura e a xestualidade. 

Os contacontos, a partir do 7 de Novembro nas bibliotecas de Arteixo e Meicende, son para bebés de 1 a 3 anos do noso concello que deberán estar acompañados, exclusivamente, por un adulto.

Totem Xestión, Purpurina Fun e Cornelia Craft serán os encargados de desenvolver esta actividade que comezará, en todos os casos, en Arteixo ás 18,50 h., e en Meicende ás 18.30 h. 

Na Biblioteca Central de Arteixo será o 7 de novembro, con Purpurina Fun; o 21 de novembro con Tótem ,e o 12 de decembro con Cornelia Craft. 

En Meicende Tótem Xestión estará o día 15 de novembro. 

Se queres ver mais información podes consultar co persoal das bibliotecas no teléfono 981 659108 da Biblioteca Central de Arteixo "Henrique Rabuñal" ou no teléfono 981 274027 da Biblioteca de Meicende "Antón Castro". Tamén tedes o correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

bebes