Skip to main content

Un Drácula cómico e en verso na axenda da fin de semana

O mito de Drácula que creara Bram Stoker, pasado polo tamiz do humor e en verso. A compañía Abubukaka chega a Arteixo o próximo 2 de novembro cun espectáculo que xa foi un éxito rotundo nas Illas Canarias con máis de 10.000 espectadores. 

O príncipe Vlad que coñeceremos o próximo venres é todo o que xa sabemos de Drácula aderezado cos dilemas morales que a súa figura plantexa a outros personaxes da obra como Lucy, Jonathan, Mina ou un dubitativo profesor Van Helsing. 

 A cita é as 20.45 h e as entradas costan 3 e 4 euros. 

A comedia tamén chega a Meicende. neste caso, da man do grupo Chévere coa obra "As fillas bravas", un espectáculo idóneo para adolescentes e maiores de 65 anos que reflicte o traballo de investigación realizado pola compañía sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que figuran nas coplas do cancioneiro popular galego. 

A entrada será con invitación que se poderá recoller na conserxería do CSC de Meicende 1 h antes da función.

chévere